30 de abr. de 2020

Día 26


MT-CS-🏃-LG-VA
Bos días!
MT
Correximos a páxina 176(5,6,7,8)
Imos coa páxina seguinte, a 177 e facemos os exercicios 9,10,11 e ERES CAPAZ DE...

CS
Correximos a páxina 115(1,2,3)
Competencias
Aprender a aprender. A elaboración dun resumo e un es- quema sobre os musulmáns e os reinos cristiáns e a análise  dun bosquexo serven aos alumnos para repasar a información da unidade. Ademais, estas técnicas de aprendizaxe  axudan a mellorar esta competencia.
Solucionario
1   Resumo. Visigodos / Toledo / latín / romanas / cristiá. Musulmáns / al-Ándalus.
Emirato /califa /califato.
Taifas.
Norte / Reconquista / musulmáns / oito. Batalla de Las Navas de Tolosa / Granada.
2   Táboa. Al-Ándalus. A musulmá. / A mesquita. / En grupos, segundo a súa relixión: musulmáns, muladís, mozárabes  e xudeus. / No campo. / O alcázar, que era un palacio fortifi- cado e mesquitas, lugares de oración.
Reinos cristiáns. A cristiá. / As igrexas e catedrais. / Esta- mentos: nobreza, clero e campesiños. / No campo en aldeas.  / Murallas, para protexer as cidades; catedrais, edificios destacados das cidades; concellos e palacios.
3    Bosquexo. R. G. Deberán marcar o minarete, a sala de  oracións e o patio.
Seguimos coas actividades finais de repaso do tema.
Imos á páxina 116 e facemos os exercicios (1,2,3,4,5,6 e 7)

🏃🏃🏃🏃🏃🏃🏃🏃🏃🏃🏃🏃🏃🏃🏃🏃🏃🏃🏃🏃🏃🏃🏃🏃🏃

LG
Correximos páxina 193 (1,2,3,4)
Suxestións didácticas
A propósito da actividade 4, coméntelles aos alumnos que  as  palabras  que  se  forman  con  diminutivos  non  adoitan  incluírse no dicionario, porque iso faríao demasiado extenso.  Cando  aparecen, adoita ser porque a palabra en diminutivo  ten hoxe un significado diferente da palabra primitiva. 
Solucións
1   • CORTES (última columna). • TEAR (6.a liña). • ESTA- CADA (1.a liña). • GANDEIRO (7.a liña). • CELEIRO (4.a liña).  • CABANA (2.a liña).
2 1. aixada. 2. lanza. 3. vasilla. 4. arpón. RL.
3   Hoxe é o aniversario do meu curmanciño (curmán) Xián,a quen lle teño moito cariño, e merqueille un regalico (regalo):  un  poboado  prehistórico  en  miniatura.  Ten  de  todo:  unhas cortes con cabaliños (cabalo) e vaquiñas (vaca), un  campo con tomatiños (tomate) e pementiños ( pemento), as  cabaniñas (cabana) típicas da época neolítica e unha morea  de bonequiños (boneco) que representan as persoas. É  unha pasada! 
4   Están formadas por un sufixo diminutivo canciño e areíña. 
Competencias
Aprender a aprender. Na actividade 4 os alumnos progresarán no uso do dicionario e poderán constatar que hai palabras  que  rematan  en  -iño  e  -iña  que  non  son  sufixos,  como é o caso de adiviña e aloumiño.

Estudamos/repasamos as preposicións, conxuncións e interxeccións (Páxina 194) e facemos os exercicios 1,2,3,4,5,6 e elabora o teu resumo da páxina 195.

VA💭

TEAM

Preparamos a reunión de equipo do próximo mércores.
Esta primeira reunión foi unha toma de contacto, vímonos, saudámonos, sabemos como funciona a videoconferencia e o sinxelo que é. 
Fixéchedelo moi ben, foi unha alegría falar con vós, estades moi maiores, responsables e traballando moito😍
Imos aproveitar cada mércores para facer unha actividade de cada materia.
O próximo mércores "Lectura de relatos cortos" en LC.
Prepara unha breve historia, en castelán, non máis de 20 liñas, tema libre o unha das 100 propostas que vos deixo no seguinte enlace e na reunión do próximo mércores facemos a lectura en voz alta dos 21 relatos.

100 ideas para fomentar la escritura creativa

TEXTO NARRATIVO
Ata o martes👋👋





29 de abr. de 2020

Día 25

MT-NT-LG-LC-💂
Videoconferencia ás 11:00h
MT
Correximos a páxina 176 (1 ao 4)
Fai hoxe os exercicios 5,6,7 e 8 da páxina 176.

NT
Correximos o exercicio 4 da páxina 53
Estuda o esqueleto: os ósos. Páxina 54; 
Fai o comprende, pensa e investiga 1,2,3 desta mesma páxina 54.

LG
Correximos a páxina 192 (1 ao 9)
Solucións
1   • Si. • Si. • Si. É unha publirreportaxe, porque dá información  dun  lugar,  explica  a  súa  historia,  mostra  imaxes,  descríbeo e convida a ir a el.
2 Campo Lameiro é a capital da Arte Rupestre po- los seus petróglifos, gravados sobre penas ao aire libre, e  polos castros conservados, coma o de Penalba, un dos  máis antigos de Galicia. Este municipio limita cos concellos de Moraña, Cuntis, A Estrada, Cerdedo e Cotobade.
3 Que a través dos restos arqueolóxicos que hai en Campo Lameiro podemos imaxinar como era a vida dos nosos devanceiros.
4 RL.
5   Está situado no corazón do val medio do río Lérez, cunha extensión aproximada de 22 hectáreas. / Nela ofrécese infor- mación necesaria para descubrir os enigmas agochados nos petróglifos. / Paseo de tres quilómetros pola área arqueolóxica, onde se pode observar o conxunto de petróglifos no medio natural. / Nel desenvólvense actividades propias do xeito  de vida daquela época.
6   No centro.
7 1. municipio. 2. comarca. 3. provincia. RL. 8 a10RL.
Competencias
Competencia social e cívica. Na actividade 9, os alumnos  van reflexionar sobre a importancia de preservar os restos do pasado, que forman parte do noso patrimonio cultural.
Imos co vocabulario, facemos os exercicios 1,2,3,4 da páxina 193. Estuda o cadro dos sufixos diminutivos.

LC
Correximos páxina 184 (1 ao 8)
Soluciones
1   Completar el resumen con el contenido de la unidad.
2   R. M.: Pizarra, pizarrona, pizarrita. Plato, platazo, platito. 
Gato, gatazo, gatito.
3   Persona que se embarca clandestinamente, a escondidas. Persona que va de un lugar a otro, sin tener una residencia fija. Viaje o recorrido, por lo general con regreso al punto  de partida.
4  y  5   R. L. 
6   Por la mañana lucía un sol espléndido. Terminaré los de-
beres enseguida.
7   R. L.
8   Nota o aclaración que el autor escribe sobre cómo debe  representarse el texto. Cada una de las partes en que se divide la obra teatral. Parte de la representación en la que intervienen los mismos personajes en un tiempo y en un lugar  concretos.
Hoxe imos co repaso acumulativo, fai os 9 exercicios da páxina 185 e pide axuda co ditado.

💂👋

28 de abr. de 2020

Día 24

🎵🎶🎼-MT-LC-CS-LG
Bos días!
MT
Correximos a páxina 175 (3,4,5,6)
SOLUCIÓNS
Imos coas actividades finais de repaso.
Fai da páxina 176 (1,2,3,4)

LC
Correximos páxina 183 ( Do 1 ao 6);
Soluciones
1 El mayordomo. El sustituto que aspira a ser mayordomo. Edgardo.
2 R. M.: ¿Le dominan a usted las mujeres? ¿Qué comen los búhos? ¿Le extraña a usted que yo lleve acostado, sin levantarme, veintiún años?
3 R. M.: En hacer gestos para que Leoncio acierte la respuesta. Leoncio. (A una señal de Fermín, que simula leer). En la biblioteca.
4 R. M.: Satisfecho. Aparte, a Leoncio. Fermín hace ademán de jugar al billar.
5 R. L. Orientación: Compruebe que los alumnos exponen resumidamente la información de la página 182 de su libro.
6 R. L.
Imos coas actividades finais;
Fai da páxina 184 (1,2,3,4,5,6,7,8)

CS
Correximos a páxina 113;
Traballa coa imaxe
A catedral gótica. 
Na catedral románica utilizáronse arcos de medio punto.  Na catedral gótica empréganse arcos apuntados. 
Na catedral gótica.

Solucionario
1   R. M. As construcións góticas son máis luminosas, utilizan arcos apuntados e teñen grandes rosetóns e vidreiras de  cores.  
2 Expresión escrita. A expresión fai referencia a que as  igrexas románicas adoitaban decorarse con numerosas esculturas e pinturas que representaban distintos episodios bíblicos.  Como a maior parte da poboación nos séculos medievais era  analfabeta, a Igrexa utilizaba estes elementos decorativos, como  unha «Biblia de pedra», para transmitir a mensaxe relixiosa. 
Imos co saber estudar, páxina 115, fai os exercicios 1,2,3

LG
Hoxe en LG toca a competencia lectora.
Le o texto das páxinas 190-191 e fai os exercicios da páxina 192 (Do 1 ao 9)

Videoconferencia
Mañán temos a nosa primeira reunión de equipo, espero que vos conectedes todas e todos, os e as 21. 
Temos que respetar o turno de palabra, non falar todos á mesma vez, imos saludarnos, vernos e contarnos como estamos levando todo o confinamento.
Conectarse é moi sinxelo, preme no enlace e accederás. 
Debes descargar a aplicación, instalala e listo.
Probablemente ao continuar, baixa unha pestaniña que vos pide abrir a aplicación Webex meetings. Premedes enriba e xa chegades á porta da reunión.
A reunión empezará mañán ás 11:00h. 
Número de reunión (código de acceso): 238 417 223
Contraseña de la reunión: gG6gQYZUw87

  • .






27 de abr. de 2020

Día 23

💂-MT-LC-🎨-🏃

Bos días💪
Unha vez que fixeches as tarefas de Inglés imos con MT.

MT
Correximos; Páxina 174 (1,2)
SOLUCIÓNS
Pasamos á páxina 175, facemos os exercicios 3,4,5 e 6.

LC
Hoxe le e estuda a páxina 182, "EL TEATRO"
A continuación le a adaptación "El examen" páxina 183, e fai as actividades de comprensión do texto teatral;1,2,3,4,5,6 da páxina 183.


Esta semana é moi cortiña, o venres día 1 non hai clase e tampouco o luns día 4. 
O mércores teremos unha titoría por videoconferencia. 
Na entrada de mañán mandarei ao enlace á mesma.

🎨  Línea temporal. 
E, remata o día facendo exercicio🏃


25 de abr. de 2020

Non deixes de LER




Nestos tres enlaces, tes acceso a varios libros de lectura.
Só tes que ir á páxina web que se indica abaixo do pdf, poñer o código e a contrasinal que están na parte superior do pdf e acceder ao libro que desexes ler.



LECTURAS 3

Hai un comentario que ten dificultades para acceder os libros. 
Acabo de probar nos tres documentos e cos códigos e contrasinais podo acceder sin problema,  outros usuarios tamén accederon perfectamente,se alguén máis non pode acceder que mo comente🙏

24 de abr. de 2020

Día 22

VENRES
MT-NT-LG-💂-LC
MT
Correximos, páxina 173;
Pasamos a problemas con unidades de medida;
Páxina 174; Exercicios 1 e 2.

NT
Correximos páxina 52 (1,2,3)
Estuda hoxe o sistema nervioso periférico e fai a actividade 4 da páxina 53.

LG
Hoxe toca estudar os verbos; o último que estudiaches foi o verbo estar. Agora toca o verbo haber (no apéndice)🙇

LC
Correximos a páxina 179.
Solucións:
7 Prohibido hacer fotografías, prohibido comer helados,
prohibido usar el móvil.
8 Alcohol, bahía, mahonesa, vehículos, vaho, dehesa.
9 De Sahara.
11 Desheredar, deshidratar, deshinchar, deshabitar, deshacer, deshabituar.
12 Para ahorrar dinero. Deshuesadas.
13 Azahar, azar; deshecho, desecho.
14 Serie de muchas cosas que se  mencionan en orden.R.L.
10 R. M.: Rehago, hayas rehecho, reharán, rehacía, rehíce.
Tamén imos estudar os verbos en LC, o último que estudiamos foi o verbo comer. 
Hoxe toca estudar o verbo vivir (páxinas 236/237) e fai os exercicios 1,2,3,4,5,6 da páxina 237.
💙💚💛💜

23 de abr. de 2020

Día 21

XOVES
MT-CS-EF-LG-Va
MT
Bos días!
Correximos, páxina 172 (1,2,3);
Seguimos coa páxina 173; exercicios (4,5,6,7,8)

CS
Correximos as páxinas 110 e 111;
Outras actividades
PARA MELLORAR A APRENDIZAXE
A cidade medieval. Pídalles aos alumnos que observen a ilustración da cidade cristiá e que a comparen coa da cidade musulmá que estudaron anteriormente.
Traballa coa imaxe
•   A cidade protéxese cunha muralla.
•   Os edificios son baixos, excepto a catedral.
•   Destaca a catedral.
•   As rúas son curtas, estreitas e irregulares.
  Na praza realizábanse o mercado e os principais acontecementos da cidade.
Solucionario
1   • Os burgos eran os barrios en que se dividían as cidades. Os seus habitantes chamábanse burgueses. • As cidades eran gobernadas por un consello en que participaban re- presentantes dos artesáns e dos comerciantes.
2 Os gremios eran asociacións de artesáns que realizaban un mesmo oficio. Os seus membros dividíanse en tres categorías: mestres, que eran os propietarios dos obradoiros, oficiais e aprendices.
3 Usa as TIC. • Foi fundada en 1218 polo rei Afonso IX de  León. É a máis antiga das universidades españolas existentes actualmente. • Impartíanse as materias de Dereito, Medicina,  Teoloxía e Artes. 
• R. L. 
Hoxe vas estudar a arte románica (páxina 112) e a arte gótica (páxina 113), fai o traballa coa imaxe e as actividades 1,2 da páxina 113.
🏃🏃🏃🏃🏃🏃🏃🏃🏃🏃🏃🏃🏃🏃🏃🏃🏃🏃
LG
Correximos a páxina 187;
Suxestións didácticas
Na actividade 1, lémbrelles aos alumnos que o prefixo se  engade ao principio dunha palabra para formar outra, mentres que o sufixo vai ao final. Na actividade 2, convén ler en  voz alta o texto para comprobar que o resultado é axeitado.
Solucións
1   PREFIXOS renacer, subdirector, preestrea. SUFIXOS  electricista, festeiro, ruidoso.
2   Levei / tremía / comezou / dixo / era / había / portou. 
3 Estar e poder son irregulares e traducir, malia que ten variacións ortográficas na raíz, é regular.
4   • Este baúl da nosa familia ten cincocentos anos. E que  ben se conserva! • A señora Carme, a veciña, ten tres netos: Cibrán, Uxía e Antón. • A que hora abre Encantados, a tenda  de  antigüidades  da  esquina? 
 •  De  primeiro  hai  sopa  ou  ensalada; de segundo, bisté ou peixe; e de sobremesa, froita ou iogur.
5   Actividade de ditado. 
Autoavaliación
1. NON. 2. SI. 3. NON. 4. NON. 5. SI. Competencias
Aprender a aprender. A actividade de Autoavaliación é  unha  maneira  alternativa  de  achegarse  á  aprendizaxe.  Corrixirse  eles  mesmos  supoñeralles  un  reto  persoal;  despois  de  facelo,  comprobarán  se  asimilaron  ben  os  contidos  da unidade ou se necesitan axuda.
Hoxe imos traballar un texto💥
Deixo o enlace ao texto e ao comentario:

E rematamos a mañán con Valores👐



22 de abr. de 2020

Día 20

MT-NT-LG-LC-💂

Comezamos a mañán con MT; 
Correximos; 
Páxina 171(1,2,cálculo mental)
SOLUCIÓNS
Seguimos coas relacións entre as unidades de masa;

Fai os exercicios 1,2,3 da páxina 172.
🌴
NT;
Correximos a páxina 51.
SOLUCIÓNS
Hoxe le amodo a páxina 52; O sistema nervioso, estuda con resúmenes, esquemas, debuxos.
Fai o comprende, pensa e investiga desta páxina 52 = 1,2,3.
Correximos o próximo día de NT.
As solucións son as do día de hoxe(Un erro)
Aquí van as da páxina 51
Solucións; Páxina 51





🌴
LG;
Correximos a páxina 186 (1 ao 5);
Suxestións didácticas
Recoméndelles aos alumnos que intenten resolver as activi-  dades sen consultar a teoría. Ao acabar, poden consultala e  corrixirse eles mesmos. Na actividade 2, solicítelles que  digan que significado lle achega cada prefixo á palabra. 
Solucións
1   •  Algunhas  palabras  novas  fórmanse  por  sufixación,  é  dicir, engadindo ao final dunha palabra unha partícula chamada sufixo. • Escribimos guión (-) ao final da liña cando se  parte unha palabra que continúa na seguinte liña.
2   Os adverbios. Son  palabras  invariables  que  expresan  circunstancias de lugar, tempo, modo e cantidade; expresan  afirmación, negación e dúbida. 
3   RM.  •  -eiro    cesteiro,  carpinteiro.  •  -eira    figueira,  claudieira.  •  -ista    artista,  lingüista.  •  -oso    rancoroso,  gracioso. • -án compostelán, fisterrán. • -izar agudizar,  aterrorizar. • -ismo activismo, alpinismo. • -al arrozal,  eucaliptal.
4   mañá  (tempo),  cedo  (tempo),  posiblemente  (dúbida),  moito (cantidade), mellor (modo), amodo (modo), axiña (tem- po), aquí (lugar), non (negación).
5   • En noite porque non se poden separar as vogais do ditongo. • En aloxarse porque non se pode deixar unha vogal  soa ao final da liña. • En percorrido porque non se poden separar os dígrafos. • En Londres porque non se pode separar  ese grupo consonántico.
Seguimos coas actividades finais;
Páxina 187, (1,2,3,4,5) tamén a autoavaliación. Pide axuda co ditado.

🌴
LC;
Correximos a páxina 178;
Soluciones
1   R. M.: Está prohibido molestar a los animales.  
2   Zanahorias, cacahuetes, cohete. R. L.
3 Almohadilla, almohadillado, almohadón. Mohoso, enmohecer, enmohecido.
4 Ahuecar, porque el diptongo ue va precedido de una vocal. Las demás palabras, porque se han formado a partir de otras que empiezan por h.
5 Rehén, prisionero; mohín, gesto; tahona, panadería; alhaja, joya.
6 R. L.
Seguimos coa ortografía, pasamos á páxina 179; exercicios ( do 7 ao 14 ) 
Pide axuda cos ditados graduais.

E rematamos a mañán con;
💂

21 de abr. de 2020

Día 19


🎵🎶🎼-MT-LC-CS-LG
MT
Bos días, unha vez que miraches as tarefas de Música imos correxir MT;
Páxina 170 (1,2,3)
Seguimos co gramo. Tócalle agora aos submúltiplos. 
Repasa ben o cadro da páxina 171, e fai os exercicios 1,2 e o cálculo mental.

LC
Estou moi contenta con todos os e/mails que recibín onte, gústame moito saber de vós, espero de 💚 que todos esteades moi ben, sodes moi responsables nesta situación que estamos vivindo e da que imos sair ben e tamén pasará. Contesto a todos e a todas🙏
Estades organizando moi ben os vosos días, levando unhas moi boas axendas, noraboa!
Hai tempo para todo, e o estades aproveitando moi ben.
Hoxe en LC, imos repasar en ortografía as palabras con H intercalada. 
Lee ben o cadro da páxina 178, e fai os 6 exercicios desta páxina 178 ( Do 1 ao 6 )

CS
Empezamos correxindo a páxina 109 (1,2,3,4)
Outras actividades
PARA MELLORAR A APRENDIZAXE
A aldea medieval. Formule preguntas sobre a aldea medieval: Onde estaba localizado o castelo? Por que cres que se situaba nese lugar? Como eran as vivendas dos campesiños? Como era a igrexa?, etc.
Solucionario
1 A sociedade nos reinos cristiáns dividíase en tres grupos ou estamentos: a nobreza, o clero e os campesiños. Os nobres vivían nos castelos e ocupábanse da guerra; o clero vivía nos mosteiros e dedicábase a orar; e os campesiños vivían nas aldeas e traballaban no campo.
2 Expresión escrita. R. L. 
3 A Reconquista é o longo período de loitas en que os cristiáns conquistaron os territorios ocupados polos musulmáns. A repoboación é o proceso de ocupación con novos habitantes dos territorios conquistados aos musulmáns. / O señor é o nobre que posuía terras e que administraba nelas a xustiza, cobraba impostos e controlaba os campesiños. O servo era o campesiño que dependía dun señor e carecía de dereitos. / Un mozárabe é un cristián que vivía en al-Ándalus pero seguía practicando a súa relixión. Un mudéxar é un musulmán que continuou practicando a súa relixión cando o territorio onde vivía pasou a mans cristiás. 
4 Educación cívica. R. L. Os alumnos deben ter en conta que os servos carecían de dereitos
Seguimos co tema, estuda a vida nas cidades cristiás. 
Fai o traballa coa imaxe da páxina 110, e as actividades 1,2,3 da páxina 111.

LG
Primeiro correximos (P. 182-183) 
Solucións
Actividade de coñecementos previos. ningu-nha, moi-to, re-flexión, ale-mán, collei-ta, ca-rreira.
1 laranxe-ira, porque non se poden separar as vogais dun di- tongo. / a-tlántico, porque non se pode deixar soa unha vogal ao final da liña. / ir-realidade, porque non se poden separar os dígrafos. / dalgun-ha, porque non se poden separar os dígrafos.
2   •  mu-íño, muí-ño. •  abo-toar,  aboto-ar.  •  in-fracción,  infrac-ción. • cu-nha. • ca-rretilla, carre-tilla, carreti-lla. • cho- queiro, choquei-ro. • aé-reo. 
3 RM. avión, ola, asa.
4 Sílabas: a-fec-cio-na-do. Particións posibles: afecciona-
do, afec-cionado, afeccio-nado. / Sílabas: re-fle-xio-nar. Par- ticións posibles: re-flexionar, refle-xionar, reflexio-nar. / Síla-bas: chu-rrus-quei-ro. Particións posibles: chu-rrusqueiro, churrus-queiro, churrusquei-ro. / Sílabas: an-ti-a-é-re-o. Po- sibles particións: an-tiaéreo, anti-aéreo, antiaé-reo.
5 fo-ron, in-can-sa-ble, es-pe-ciais, ma-tri-cu-lar-se, Ma- te-má-ti-cas, pri-mei-ra, cien-tí-fi-co, tra-za-das, a-ban-do- nou, ru-ti-na, al-de-a, des-de, Ma-rí-a, cons-tru-í-sen, de-cla- ra-sen, con-ser-va-ción, te-sou-ro.
6 Actividade de ditado. Aprendo como se escribe
• D (servizo).
• SERVIZO / servizo.
• servir, servizal, servente, servible.
Hoxe imos coas actividades finais, fai na páxina 186, os exercicios do 1 ao 5.
🙌

20 de abr. de 2020

Día 18

LUNS
💂-MT-LC-PL-🏀🎾🏃
MT
Bos días, empezamos correxindo:
Páxina 168 (1,2,3); Páxina 169 (4,5,6,7)
SOLUCIÓNS (1,2,3,4)
Pasamos ao gramo, estuda os múltiplos do gramo, cadro da páxina 170, e fai os exercicios 1,2 e 3 desta páxina 170.
🎏
LC
En LC temos que correxir a páxina 177 (1 ao 8)
Soluciones
1 R. M.: Desciende, habrá descendido, descenderá. Come, ha comido, comerá.
2 Había comprado, habrá abierto, habéis envuelto. 
3 R. M.: Viaja, viajábamos, viajarían. Habrás viajado, hubiéramos viajado, habías viajado
R. M.: Exploraba, exploramos, habréis explorado.
Reviso, toco. Habíamos ido, conocieron. Buscarás, jugaréis.
Imperfectos: presente, pretérito imperfecto, futuro simple,
condicional simple. Perfectos: pretérito perfecto simple, pretérito perfecto compuesto, pretérito pluscuamperfecto, pretérito anterior, futuro compuesto, condicional compuesto.
7 Cenabais: simple, pretérito, imperfecto. Habré ido: compuesto, futuro, perfecto. Llamaste: simple, pretérito, perfecto. Patinarán: simple, futuro, imperfecto. He visto: compuesto, pretérito, perfecto. Había oído: compuesto, pretérito, perfecto. Haya entrado: compuesto, pretérito, perfecto. Termine: simple, presente, imperfecto.
8 Escribía: imperfecto porque expresa una acción no acabada. Escribió: perfecto porque expresa una acción acabada.

Hoxe como actividade quero que me escribas un e-mail, un correo electrónico, se non tes conta de correo  desde a conta de correo de papá ou mamá.
Quero me contes como estás? 
Como está a túa familia? 
Como estás levando o confinamento?
Que fas desde que te levantas ata que te acostas, como organizas o teu día?
Que é o que máis che está costando?
Que actividades che resultan máis difíciles?
Que materia che resulta máis complicada?
Como levas o teletraballo?
Levas todo ao día?
Les moito?
Como son os teus días en xeral?
Comunicaste con outros e otras compañeiras e compañeiros? Como o fas?
Podes contarme todo o que ti queras, como te sintes? 
Que botas de menos? 
Etc,etc...
Tes a miña conta de correo na páxina web do colexio e na barra lateral do blog:
auladesandra@gmail.com

PL
En Plástica segue coa túa Timeline. 
E para rematar a mañán, un pouco de exercicio.
🏀🎾🏃