Crea o teu caderno interactivo sobre o corpo humano.
Segue os puntos do tema 3 que estudamos en CN e realiza o teu "Lapbook" do corpo humano.
Índice do teu lapbook:
Debuxa e explica:
1- Así se leva a cabo a función de relación (Páxina 46 do libro de NT)
2- Así se transmite o impulso nervioso ( Páxina 47)
3- Os sentidos (Páxinas 48 á 51)
4- O sistema nervioso (Páx.52-53)
5- O esqueleto (Páx.54-55)
6- A musculatura (Páx.56-57)
É un traballo que leva tempo e dedicación.
LÍNEA TEMPORAL DA TÚA VIDA.
Hai miles de ideas na rede, que unidas a túa imaxinación e creatividade fan posible que saian líneas fermosas.
Dende que naciches ata hoxe, sinala datas importantes, usa fotos, redacta ben os textos, dalle cor, vida, alegría...!
Dende que naciches ata hoxe, sinala datas importantes, usa fotos, redacta ben os textos, dalle cor, vida, alegría...!
Non corras, a calidade leva tempo, é o único traballo que imos facer en Plástica, así que ánimo e que a túa Timeline sexa única!
Busca o que teñas por casa, cartóns, folios, fotos, cordóns, botóns, etc...
Busca o que teñas por casa, cartóns, folios, fotos, cordóns, botóns, etc...
UN TEXTO ILUSTRADO
Canto de esto estamos vivindo estos días 💪!
Que te parece se describes, redactas e ilustras todo o que ves e sintes cada tarde cando saes ás 20:00 h a aplaudir👏👏👏 á fiestra da túa casa?
Ese momento, cando todas e todos os veciños e veciñas compartimos un momento de gratitude e agradecemento.
Poden sair traballos moi bonitos coas nosas rúas, casas, fiestras, vecindario e sentimentos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polos teus comentarios e aportacións.