30 de abr. de 2020

Día 26


MT-CS-🏃-LG-VA
Bos días!
MT
Correximos a páxina 176(5,6,7,8)
Imos coa páxina seguinte, a 177 e facemos os exercicios 9,10,11 e ERES CAPAZ DE...

CS
Correximos a páxina 115(1,2,3)
Competencias
Aprender a aprender. A elaboración dun resumo e un es- quema sobre os musulmáns e os reinos cristiáns e a análise  dun bosquexo serven aos alumnos para repasar a información da unidade. Ademais, estas técnicas de aprendizaxe  axudan a mellorar esta competencia.
Solucionario
1   Resumo. Visigodos / Toledo / latín / romanas / cristiá. Musulmáns / al-Ándalus.
Emirato /califa /califato.
Taifas.
Norte / Reconquista / musulmáns / oito. Batalla de Las Navas de Tolosa / Granada.
2   Táboa. Al-Ándalus. A musulmá. / A mesquita. / En grupos, segundo a súa relixión: musulmáns, muladís, mozárabes  e xudeus. / No campo. / O alcázar, que era un palacio fortifi- cado e mesquitas, lugares de oración.
Reinos cristiáns. A cristiá. / As igrexas e catedrais. / Esta- mentos: nobreza, clero e campesiños. / No campo en aldeas.  / Murallas, para protexer as cidades; catedrais, edificios destacados das cidades; concellos e palacios.
3    Bosquexo. R. G. Deberán marcar o minarete, a sala de  oracións e o patio.
Seguimos coas actividades finais de repaso do tema.
Imos á páxina 116 e facemos os exercicios (1,2,3,4,5,6 e 7)

🏃🏃🏃🏃🏃🏃🏃🏃🏃🏃🏃🏃🏃🏃🏃🏃🏃🏃🏃🏃🏃🏃🏃🏃🏃

LG
Correximos páxina 193 (1,2,3,4)
Suxestións didácticas
A propósito da actividade 4, coméntelles aos alumnos que  as  palabras  que  se  forman  con  diminutivos  non  adoitan  incluírse no dicionario, porque iso faríao demasiado extenso.  Cando  aparecen, adoita ser porque a palabra en diminutivo  ten hoxe un significado diferente da palabra primitiva. 
Solucións
1   • CORTES (última columna). • TEAR (6.a liña). • ESTA- CADA (1.a liña). • GANDEIRO (7.a liña). • CELEIRO (4.a liña).  • CABANA (2.a liña).
2 1. aixada. 2. lanza. 3. vasilla. 4. arpón. RL.
3   Hoxe é o aniversario do meu curmanciño (curmán) Xián,a quen lle teño moito cariño, e merqueille un regalico (regalo):  un  poboado  prehistórico  en  miniatura.  Ten  de  todo:  unhas cortes con cabaliños (cabalo) e vaquiñas (vaca), un  campo con tomatiños (tomate) e pementiños ( pemento), as  cabaniñas (cabana) típicas da época neolítica e unha morea  de bonequiños (boneco) que representan as persoas. É  unha pasada! 
4   Están formadas por un sufixo diminutivo canciño e areíña. 
Competencias
Aprender a aprender. Na actividade 4 os alumnos progresarán no uso do dicionario e poderán constatar que hai palabras  que  rematan  en  -iño  e  -iña  que  non  son  sufixos,  como é o caso de adiviña e aloumiño.

Estudamos/repasamos as preposicións, conxuncións e interxeccións (Páxina 194) e facemos os exercicios 1,2,3,4,5,6 e elabora o teu resumo da páxina 195.

VA💭

TEAM

Preparamos a reunión de equipo do próximo mércores.
Esta primeira reunión foi unha toma de contacto, vímonos, saudámonos, sabemos como funciona a videoconferencia e o sinxelo que é. 
Fixéchedelo moi ben, foi unha alegría falar con vós, estades moi maiores, responsables e traballando moito😍
Imos aproveitar cada mércores para facer unha actividade de cada materia.
O próximo mércores "Lectura de relatos cortos" en LC.
Prepara unha breve historia, en castelán, non máis de 20 liñas, tema libre o unha das 100 propostas que vos deixo no seguinte enlace e na reunión do próximo mércores facemos a lectura en voz alta dos 21 relatos.

100 ideas para fomentar la escritura creativa

TEXTO NARRATIVO
Ata o martes👋👋





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polos teus comentarios e aportacións.