🎵🎶🎼-MT-LC-CS-LG
MT
Bos días, unha vez que miraches as tarefas de Música imos correxir MT;
Páxina 170 (1,2,3)
Seguimos co gramo. Tócalle agora aos submúltiplos.
Repasa ben o cadro da páxina 171, e fai os exercicios 1,2 e o cálculo mental.
LC
Estou moi contenta con todos os e/mails que recibín onte, gústame moito saber de vós, espero de 💚 que todos esteades moi ben, sodes moi responsables nesta situación que estamos vivindo e da que imos sair ben e tamén pasará. Contesto a todos e a todas🙏
Estades organizando moi ben os vosos días, levando unhas moi boas axendas, noraboa!
Hai tempo para todo, e o estades aproveitando moi ben.
Hoxe en LC, imos repasar en ortografía as palabras con H intercalada.
Lee ben o cadro da páxina 178, e fai os 6 exercicios desta páxina 178 ( Do 1 ao 6 )
CS
Empezamos correxindo a páxina 109 (1,2,3,4)
Outras actividades
PARA MELLORAR A APRENDIZAXE
A aldea medieval. Formule preguntas sobre a aldea medieval: Onde estaba localizado o castelo? Por que cres que se situaba nese lugar? Como eran as vivendas dos campesiños? Como era a igrexa?, etc.
Solucionario
1 A sociedade nos reinos cristiáns dividíase en tres grupos ou estamentos: a nobreza, o clero e os campesiños. Os nobres vivían nos castelos e ocupábanse da guerra; o clero vivía nos mosteiros e dedicábase a orar; e os campesiños vivían nas aldeas e traballaban no campo.
2 Expresión escrita. R. L.
3 A Reconquista é o longo período de loitas en que os cristiáns conquistaron os territorios ocupados polos musulmáns. A repoboación é o proceso de ocupación con novos habitantes dos territorios conquistados aos musulmáns. / O señor é o nobre que posuía terras e que administraba nelas a xustiza, cobraba impostos e controlaba os campesiños. O servo era o campesiño que dependía dun señor e carecía de dereitos. / Un mozárabe é un cristián que vivía en al-Ándalus pero seguía practicando a súa relixión. Un mudéxar é un musulmán que continuou practicando a súa relixión cando o territorio onde vivía pasou a mans cristiás.
4 Educación cívica. R. L. Os alumnos deben ter en conta que os servos carecían de dereitos
Seguimos co tema, estuda a vida nas cidades cristiás.
Fai o traballa coa imaxe da páxina 110, e as actividades 1,2,3 da páxina 111.
LG
Primeiro correximos (P. 182-183)
Solucións
Actividade de coñecementos previos. ningu-nha, moi-to, re-flexión, ale-mán, collei-ta, ca-rreira.
1 laranxe-ira, porque non se poden separar as vogais dun di- tongo. / a-tlántico, porque non se pode deixar soa unha vogal ao final da liña. / ir-realidade, porque non se poden separar os dígrafos. / dalgun-ha, porque non se poden separar os dígrafos.
2 • mu-íño, muí-ño. • abo-toar, aboto-ar. • in-fracción, infrac-ción. • cu-nha. • ca-rretilla, carre-tilla, carreti-lla. • cho- queiro, choquei-ro. • aé-reo.
3 RM. avión, ola, asa.
4 Sílabas: a-fec-cio-na-do. Particións posibles: afecciona-
do, afec-cionado, afeccio-nado. / Sílabas: re-fle-xio-nar. Par- ticións posibles: re-flexionar, refle-xionar, reflexio-nar. / Síla-bas: chu-rrus-quei-ro. Particións posibles: chu-rrusqueiro, churrus-queiro, churrusquei-ro. / Sílabas: an-ti-a-é-re-o. Po- sibles particións: an-tiaéreo, anti-aéreo, antiaé-reo.
5 fo-ron, in-can-sa-ble, es-pe-ciais, ma-tri-cu-lar-se, Ma- te-má-ti-cas, pri-mei-ra, cien-tí-fi-co, tra-za-das, a-ban-do- nou, ru-ti-na, al-de-a, des-de, Ma-rí-a, cons-tru-í-sen, de-cla- ra-sen, con-ser-va-ción, te-sou-ro.
6 Actividade de ditado. Aprendo como se escribe
• D (servizo).
• SERVIZO / servizo.
• servir, servizal, servente, servible.
Hoxe imos coas actividades finais, fai na páxina 186, os exercicios do 1 ao 5.
🙌
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polos teus comentarios e aportacións.