Hoxe imos estirar un pouquiño o día xa que ata o luns non hai clase, temos unha larga ponte para descansar.
Empezamos coma sempre con Matemáticas. Comproba que os trazados dos exercicios que fixeches onte estén ben feitos. Tes que ser moi exixente coa autocorrección. Facemos o obradoiro do trazado dun triángulo dados un ángulo y dos lados. (Páxina 139). Practica os tres pasos ata que sexas capaz de facelo e logo fai o exercicio 5 da páxina 139.
Practicamos cálculo, repasamos a multiplicación e división dun número natural pola unidade seguida de ceros.
Fai na túa libreta os exercicios 1, 2 e 3 da páxina 153
Pasamos a Ciencias da Natureza, copia e completa na libreta o resumo do tema, páxina 122 e estuda o tema.
En LG segue co repaso. Fai o resto dos exercicios, se onte fixeches o 1 e o 2, fai hoxe o 3 e o 4.
En Lingua Castelán imos facer o repaso do exame que teriamos o luns, así que:
Volve a facer os exercicios 1,2,3,4,5,6,7 e 8 da páxina 147 e ten ben claras estas ideas do tema 10:
¿ Qué son los prefijos?
¿ Qué son los verbos?
Explica como obtienes la raíz y la desinencia en un verbo
¿ Cuáles son los tres modelos de conjugación?
¿ Qué son las leyendas?
¿ Qué temas son los más tratados en las leyendas?
Explica la diferencia entre leyenda popular y de autor.
ESTUDA💪
E para rematar o día ENGLISH, accede os exercicios desde a páxina web do colexio. Na barra lateral dereita tes o enlace á páxina web do colexio e na barra lateral esquerda accedes directamente ás tarefas de English e Música.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polos teus comentarios e aportacións.