17 de mar. de 2020

Día 2

Bos días!
Martes: MT - LC - CS - LG
Empezamos a mañán con Matemáticas.
Correximos as operacións combinadas.
SOLUCIÓNS
a = 4
b = 96
c = 14
d = 88
e = 27
f = 17
g = 35
h = 26
i =  75
(Comproba ben os teus resultados)
Do tema 10, quedan por facer os obradoiros. Hoxe imos dedicarnos ao trazado da circunferencia que pasa por dous puntos. Tes que lembrar como se facía a mediatriz dun segmento ( volve a páxina 126 e REPASA). Agora vai á páxina 137 e segue os 3 pasos que che indica o obradoiro. PRACTICA ben como se fai. E a continuación fai os exercicios 5,6 e 7 da páxina 137.

Pasamos a Lingua Castelán:
Segue coa comprensión lectora do texto. Onte fixeches 5 exercicios, e hoxe fai os que faltan. Non respondas con si/non. Responde con oracións completas e coidando moito a expresión. 

Antes de pasar a Ciencias Sociais podes facer un pequeno descanso, almorzar, estirar as pernas...

CIENCIAS SOCIAIS
Tiñamos que correxir os exercicios 1,2,3,4 e 5 da páxina 96. TODAS AS SOLUCIÓNS están no tema. 
Hoxe vas traballar as migracións internas en España nos anos 1961-1975.
Fai os exercicios 9 e 10 da páxina 97. Responde con oracións completas nas preguntas, expresa ben os contidos e sempre ben completos.

E xa por último, LINGUA GALEGA. Mañán tiñamos o examen dos temas 9 e 10. Así que imos facer un remix de repaso deses dous temas. Fai a metade hoxe, e o resto mañán mércores na sesión de LG.

1. Volve a elaborar o resumo dos verbos na túa libreta (Páxina 135)
2. Na mesma páxina 135, volve a facer os exercicios 1-2-3 e 4
3. Da páxina 137 repite de novo os exercicos 3-4 e 5
4. Repite todos os exercicios, 1,2,3,4 e elabora o teu resumo da páxina 150.

Hoxe tamén tiñamos Música:

5º EP


MARTES 17 DE MARZO: 

Na derradeira sesión de música inventábamos novos ritmos para o xa coñecido ritmo de vasos. Así que para esta primeira sesión dende a casa propoño as seguintes actividades: 

- Se tedes un vaso de plástico ou algún recipiente similar na casa, podedes repasar o ritmo da canción "Si me voy" de Paula Rojo. 
Adxunto o vídeo da canción (versión en castelán e tamén en inglés) e o vídeo do ritmo cos vasos por se alguén ten dúbidas. Xa sabedes que hai que conseguir ir á velocidade da canción!!! ÁNIMO!!! 

Si me voy - Paula Rojo 

Versión en Inglés: Anna Kendrick - “When I’m Gone”

Ritmo cos vasos

Logo, xa sabedes que tedes que inventar un ritmo novo. Podedes engadir diversos obxectos ou elementos que consigan facer ritmos. 

- Como repaso podedes tocar coa frauta doce unha das partituras realizadas ao longo do curso. Na área xeral de música estarán colgadas as partituras estudadas por todo o cole así coma as posicións dos dedos para a dixitación das notas. Escollede unha das vosas e practicade. 
Lembrade limpar ben a frauta antes e despois do seu uso, estirade ben a espalda e moito ollo co control do aire ao soplar. 

- Se lembrades o outro ritmo que aprendimos na aula grazas a vosa compañeira Frida, podedes practicalo na casa. Apunto por aquí os pasos e cando xa o teñades asimilado engadide unha palabra aguda, por exemplo salón: 
PIE -  PALMA - OS DOUS 
--------- SA ------ LÓN 

- Para rematar, podedes cantar unha canción a capella ou modo karaoke, realizar unha coreografía coñecida ou inventar unha nova, tocar instrumentos, realizar percusión corporal, etc. deixade voar a vosa imaxinación, que tedes moita!!! E movede o corpo!! 
Logo podedes amosar a vosa creación á familia!! E cando volvamos ás aulas tamén!! 

 



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polos teus comentarios e aportacións.