3 de abr. de 2020

Día 13


MT-NT-LG-💂-LC
Imos aproveitar ben o día xa que temos unha longa semana por diante de vacacións e non voltamos ata o martes día 14.
Empezamos correxindo MT; 
Exercicios: 1,2,3,4,5,6,7 e 8 da páxina 160
A continuación fai os seguintes exercicios:
Páxina 161; ( 9, 10, eres capaz de…)
Páxina 162; ( 1, 2 )
Reforzo e ampliación: Páxina 163 (Do 1 ao 12, ambos inclusives)

💫
Pasamos a NT;
Correximos a páxina 48 ( 1,2,3,4 e 5 )
Estuda a páxina 49 “O oído” e fai o comprende e pensa ( 6, 7, 8 ) desta mesma páxina 49. Debuxa tamén na túa libreta as tres partes do oído, nomeando e sinalando todos os seus elementos en cada parte. Tes o debuxo na mesma páxina. Faino despacio e ben!



💫

En LG primeiro correximos a páxina 172, exercicios do 1 ao 5

SOLUCIÓNS
1• Algunhas palabras novas fórmanse por prefixación, é dicir, engadindo ao principio dunha palabra unha partícula chamada prefixo. • Escríbese punto e coma para separar os elementos dunha enumeración cando algún destes xa leva coma. Tamén se escribe diante dos enlaces malia que, aínda que, non obstante, cando introducen oracións extensas. • Xeralmente, as narracións presentan unha estrutura en tres partes: a presentación, en que se presentan os personaxes e a situación que están a vivir; o nó ou trama, que é a parte en que se desenvolve a acción; o desenlace, en que se explica como se resolve o conflito e como remata todo.
2 Clases de verbos. regulares / irregulares / desinencias / raíz / distintas.
3 • subdirector. • precociñado. • imposible. • destapar. • antinéboa. RM. Subsolo, pretexto, imperfección, desfeito, antiaéreo.
4 Regulares: aprobarás, tocamos, telefones, abrazaron. Irregulares: sabe, virá, fas, poida, traerei, quero.
5 Antía:
Cando vaias á praza, lembra que da carnizaría tes que traer medio quilo de solombo; da peixaría, unha pescada; e da froitaría, mazás e pexegos.

Facemos agora os exercicios 1,2,3,4 e a autoavaliación da páxina 173.
Pídelle a alguén na casa que te axude co ditado.
Reforzo e ampliación: Estudar o verbo ESTAR (Apéndice)
💂
E para rematar a mañán imos con LC.
Correximos, Páxina 165, exercicios do 5 ao 12
Solucións:
5 Domínguez, Ramírez, Fernández.
6 Túnez, Jerez.
7 Maíz, raíz, voz.
8 Universidad, Navidad, felicidad.
9 Vanidad, bondad, ansiedad.
10 Majestad,edad,coz,albornoz.R.M.: Su Majestad el Rey inauguró el museo. ¿Qué edad tiene? El burro le dio una coz. Me he comprado un albornoz blanco.
11 y 12 R. L.

Pídelle axuda a túa familia para que te axuden cos ditados da páxina 165
Facemos da páxina 168, do 1 ao 7, ambos inclusives, e a páxina 169 do 1 ao 9, ambos inclusives. Pide axuda co ditado.
Reforzo e ampliación:Estudar o verbo COMER, páxina 234,235, facer os exercicios do 1 ao 6(ambos inclusives) da páxina 235.


Practica divisións con decimais, estuda os verbos, LE, escribe, debuxa, cociña, limpa, ordena, canta, baila, deseña, cose, recorta, modela, rie, xoga...
 Vémonos cada día ás 20:00h na fiestra!
👏👏👏👏👏👏
(Voltamos o martes día 14)
Video creación realizada por alumnos del Conservatorio Profesional de Danza de La Diputación de La Coruña



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polos teus comentarios e aportacións.