14 de set. de 2017

A fábula: Definición, orixe e características.

Definición:
Unha fábula é unha composición literaria sinxela e breve, en verso ou prosa, con personaxes que xeralmente son animais ou seres inanimados. 
Estas composicións literarias buscan ensinar valores que se resume na ensinanza moral (moralexa) ao final do relato. A fábula é pois unha narración inventada de feitos marabillosos que teñen unha conclusión moral.
Orixe:
A fábula ten as súas raíces na antigüidade e atópase en todas as culturas. 
Era parte da tradición oral moito antes da invención da escritura. 
A fábula aínda está activa nos países onde a cultura oral mantense viva e preta da natureza.
O carácter didáctico das fábulas xa o utilizaron na antigüidade os gregos e os romanos. Entre os autores gregos que máis destacan atópase Esopo.
Esopo era un escravo que viviu a.C. na Antiga Grecia, fíxose famoso polas súas pequenas historias de animais, cada unha cun propósito moral. 
A obra de Esopo foi recompilada por varios escritores. 

A maioría das fábulas presentan un modelo común. Inícianse cunha formulación breve que presenta o conflito entre dous ou tres personaxes, comunmente animais, aínda que tamén aparecen plantas, homes e deuses. 


O conflito desenvólvese de forma moi breve e resólvese de maneira que pre­senta algún ensino. 
Unha vez terminada a fábula, este ensino ou ensinanza moral adoita recollerse de maneira explícita mediante un texto breve que a resume a modo de conclusión.
Características Esenciais dunha Fábula
O xénero.- As fábulas poden estar escritas en verso ou en prosa.
A brevidade.- Adoitan ser historias breves, moi sintéticas que economizan a sintaxe.
A presenza de elementos esenciais da narración.- 
Soe haber un narrador que conta o que lles sucede (acción) a uns personaxes nun lugar e nun tempo indeterminados. As fábulas, como os contos populares, non se sitúan nunha época concreta. Son intemporais.
Unha estrutura sinxela.- O esquema de moitas fábulas empeza coa presentación dunha situación inicial, tras a cal se expón un problema, que unhas veces ten solución e outras non. A historia finaliza cunha ensinanza moral. Esta estrutura tamén se denomina: presentación, nó e desenlace. Non sempre aparece a ensinanza moral, ás veces non está. O habitual é que figure ao final da fábula pero en ocasións estará ao principio.
Os personaxes.- Os personaxes son, na súa maioría, animais ou obxectos humanizados, tamén poden aparecer humanos.
Os temas.- A envexa, a avaricia, a arrogancia, a mentira, a pereza...
A intención.- Detrás de cada fábula hai unha crítica cara certos comportamentos e actitudes, que se disimula co uso de personaxes humanizados.
A ensinanza moral.- A ensinanza moral é un ensino de valores é dicir, un consello ou pauta de conduta. A ensinanza moral pode ser unha frase ou unha estrofa. A máis corrente é o pareado, unha estrofa de dous versos que riman entre si. A moralexa.
(Preme enriba e empeza a ler😉



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polos teus comentarios e aportacións.