XOVES
MT-CS-🏄-LG-Va
MT
Correximos a páxina 207; Problemas;
Sabemos calcular a media porque o fixemos ao longo do curso para calcular notas finais.
Estuda o cadro da páxina 214;
Fai os exercicios 1,2, da mesma páxina 214.
CS
Correximos 132-133;
Solucionario
1 • En Europa, os Reis Católicos tiñan as coroas de Castela e Aragón e os reinos de Navarra, Granada e Nápoles. En África: as illas Canarias, Melilla e outros pequenos territorios. En América: varias illas do Caribe e zonas costeiras. • R. M. Entre outras reformas, os Reis Católicos estableceron a Santa Irmandade, que era unha especie de policía; e nomearon corrixidores e vicerreis, que eran os seus representantes nos municipios e noutros territorios.
2 • Despois de que Colón descubrise América. Porque xa aparece debuxado parte do continente americano. • Europa, África, parte de Asia e parte de América. • América do Sur. • Non, a costa atlántica está debuxada con máis detalle, debido a que naquela época se coñecía mellor esa zona.
3 Hernán Cortés: foi un explorador e conquistador español; conquistou o Imperio azteca. Francisco Pizarro: foi un explorador e conquistador español; conquistou o Imperio inca. Juan Sebastián Elcano: foi un navegante español; concluíu a primeira circunnavegación da Terra.
4 R. G. • Século XV: 1492: descubrimento de América. • 1516: coroación de Carlos I. • 1557: batalla de San Quintín. • 1561: Madrid convértese na capital do Imperio español.
5 Carlos I: • 1516-1556. • A península ibérica (excepto Portugal); as illas Baleares e as illas Canarias; territorios en Italia, Francia, Países Baixos e Alemaña; posesións no norte de África, Asia e América. • As rebelións das Comunidades en Castela e das Xermanías en Valencia. • Guerras contra Francia, os protestantes alemáns e os turcos.
Filipe II: • Período de reinado: 1556-1598. • Territorios: ampliou os territorios de Carlos I con Portugal e terras en África, América e Asia. • Problemas internos: enfrontouse aos rebeldes dos Países Baixos que querían a independencia. • Problemas externos: mantivo guerras contra os turcos, aos que venceu na batalla de Lepanto, e contra os franceses, aos que venceu na batalla de San Quintín. Intentou invadir Inglaterra coa Armada Invencible e foi derrotado.
6 Para pensar. Non, porque o tomate, o seu principal ingrediente, é orixinario de América e o reino nazarí de Granada foi conquistado polos Reis Católicos antes de que Colón descubrise este novo continente.
8 • A frota á que se refire o texto é a Armada Invencible. A frota estaba formada por case 130 barcos. O duque de Medina Sidonia dirixía a frota. • Filipe II. Porque os ingleses apoiaran os rebeldes dos Países Baixos que querían a independencia. • Porque Filipe II era rei de Portugal e Lisboa era un porto importante. • Con esas palabras Filipe II quixo expresar que o desastre da Armada Invencible non foi tanto polo poderío inglés, coma por algo tan imprevisible como unha tempestade.
Le a modo e de vagar o tema 9 para a sesión do próximo martes, podes facer un pequeno esquema, resumo.
LG
Hoxe toca estudar 🙇 o verbo ir.
No apéndice verbal.
Va
Xa somos expertos i expertas en cortos, así que hoxe vas a elaborar o teu propio, preme no enlace.
Creamos o noso corto
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polos teus comentarios e aportacións.