14 de abr. de 2020

Día 14


Martes
🎵🎶🎷🎸🎹🎺🎻🎼-MT-LC-CS-LG

Voltamos de novo e temos moito que correxir de Matemáticas, imos entón! 
Empezamos coa capacidade e a masa. 
Lembra o que sabes na páxina 165, e fai os exercicios 1,2,3 e 4 desta mesma páxina.


🎏
Pasamos a LC, empezamos correxindo:

Imos hoxe coa competencia lectora. Le o texto informativo das páxinas 172-173, e fai os exercicios da páxina 174, do 1 ao 10 (Ambos inclusives).

🎏
En CS tamén temos que correxir primeiro:
Le e estuda hoxe as páxinas 106 e 107, con calma, comprendendo. 
É un tema moi interesante, lembrade que estabades desexando empezar coa Historia e deixar atrás a Xeografía😎.
Fai o Traballa coa imaxe e as actividades 1-2-3 da páxina 107.



🎏
E para rematar a mañán LG.
Correximos:

Para non coincidir con LC, deixamos a competencia lectora para o próximo día e hoxe estuda a SUFIXACIÓN, páxina 179, e fai os exercicios 1,2,3,4 e 5, desta mesma páxina 179.

Ata mañán👋

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polos teus comentarios e aportacións.