30 de mar. de 2020

Día 9



Empezamos nova semana, e no noso horario habitual temos:
English-MT-LC-PLÁSTICA-EF

📖
Unha vez feitas as actividades de Inglés, pasamos a MT.
O último día quedou todo correxido e fixeches o exame-repaso dos temas 9 e 10.
Seguimos co metro, hoxe fai os exercicios 4,5,6,7 e 8 da páxina 157.Correximos mañán.
⭐⭐⭐
En LC o último día estudiaches o verbo VIAJAR. Hoxe le amodo e estuda a páxina 162.
A continuación fai os exercicios 1,2,3,4,5,6,7,8 e 10 da páxina 163. Correximos mañán.
😻
Hoxe en Plástica vai unha proposta para entregar á volta á escola.
(Imos seleccionar unha serie de traballos en cada materia para entregar cando regresemos ás aulas, é voluntario.
Arriba, na barra lateral esquerda tes un enlace "Traballos para entregar" onde podes ir vendo que traballos hai de cada materia para entregar á volta ) 
💥 Este será o emoji que identificará os traballos para entregar á volta.
Polo de agora temos o comentario de texto de Agatha Christie en Lengua Castellana, o texto ilustrado en Valores e agora esta idea.
😉
Xa que en Ciencias Sociais imos traballar a Idade Media e a estamos a ubicar na línea temporal da historia, agora que estás na casa e tes tempo e recursos vas facer a 
LÍNEA TEMPORAL DA TÚA VIDA
Hai miles de ideas na rede, que unidas a túa imaxinación e creatividade fan posible que saian líneas fermosas.
Dende que naciches ata hoxe, sinala datas importantes, usa fotos, redacta ben os textos, dalle cor, vida, alegría...!
Deixo unhas ideas que seguro que ti superas de sobra. 
Non corras, a calidade leva tempo, é o único traballo que imos facer en Plástica, así que ánimo e que a túa Timeline sexa única! 
Busca o que teñas por casa, cartóns, folios, fotos, cordóns, botóns, etc...

IDEAS/INSPIRACIÓNS
TIMELINE💥

















Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polos teus comentarios e aportacións.