3 de nov. de 2019

Club de lectura

Imos comenzar a ler no aula este libro, podes atopalo nas bibliotecas públicas se non o queres mercar. 
Non esquenzas collelo en Lingua Galega, que é a que máis temos que practicar.
Mira o interesante que é, o mellor xa o tes na casa. 
Cando o teñamos todas e todos comenzamos.



O curioso incidente do can á media noite é unha novela do escritor inglés Mark Haddon, escrita orixinalmente en lingua inglesa co título de The Curious Incident of the Dog in the Night-Time. A obra recibiu en 2003 o premio Libro do Ano Whitbread, en 2005 o premio ao Mellor primeiro libro para novos lectores e lectoras, e en 2004 o Premio para Escritores da Commonwealth como mellor primeiro libro. O título da novela é unha cita a un comentario feito polo detective de ficciónSherlock Holmes no conto Silver Blaze, de Arthur Conan Doyle. A novela foi traducida ao galego por Moisés Barcia e publicada en 2008 por Rinoceronte Editora
A historia está escrita en primeira persoa por Christopher John Francis Boone, un mozo de 15 anos cun trastorno do espectro autista que vive en Swindon (Wiltshire). O trastorno de Christopher dentro do espectro do autismo non se determina de forma explícita, se ben a propaganda do libro indica que podería ser a síndrome de Asperger, o autismo de alto funcionamento ou a síndrome do savant.
TRAMA:
Christopher vive co seu pai en Swindon. Unha noite descobre o cadáver de Wellington, o can da súa veciña, atravesado por unha forca no xardín. A señora Shears, dona do can, chama á policía, que comeza a interrogar ao mozo. Christopher empeza a sentirse axitado por tantas preguntas, e un dos oficiais tenta agarralo dun brazo, o que provoca que o mozo lle golpee e lévano á comisaría ata que o seu pai o recolle. Christopher decide investigar o caso para resolver o misterio da morte de Wellington. Con todo, a súa investigación vese gravemente limitada polos seus temores e dificultades á hora de interpretar o mundo que o rodea. Durante a súa investigación, Christopher vese forzado a entrar en contacto con xente con quen nunca se relacionou, a pesar de que viven na súa mesma rúa.
Christopher leva un rexistro das súas experiencias nun libro, titulado O curioso incidente do can á media noite.

1 comentario:

  1. É un libro maravilloso, lino xa hai anos, o temos en casa en castelán pero colleuno na biblioteca en Galego. Moitas grazas por elixir este libro porque ainda que xuvenil, alo menos Martín, xa o asocian con literatura adulta e lles motiva a lelo como con máis interese porque xa len cousas de maiores :)

    ResponderEliminar

Grazas polos teus comentarios e aportacións.