1 Indica a ubicación xeográfica de Roma, Grecia e Exipto.
ROMA
Roma é unha cidade, capital da Italia.
A cidade, que xurdiu no século VIII a.C., foi capital do Imperio Romano, e antes dun reino era unha república.
A cidade aparte do Tíber, está atravesada tamén por outro río, o Aniene, que conflue co Tíber na zoa septentrional do territorio urbano.
Roma atópase fronte ao mar Tirreno.
(Roma é o municipio costeiro máis grande de Europa, 20 km de costa).
ITALIA:
A maior parte de Italia está localizada na Península Itálica, no continente europeo, e onde dous enclaves independentes están localizados: a República de San Marino e mailo Vaticano. As illas de Sicilia e Sardeña tamén forman parte de Italia.
Italia limita ao norte con Suíza e con Austria, ó leste coa Eslovenia, co Mar Adriático (a través do cal contacta tamén coa Croacia, Serbia e Montenegro (antiga Iugoslavia), Albania, e co Mar Xónico, que a separa de Grecia. Italia limita a sur co Mar Mediterráneo (incluíndo a Canle de Malta que separa a Sicilia de Malta), co Mar Tirreno e co Mar da Liguria (ambos separando o territorio peninsular das illas de Sicilia e Sardeña e da illa francesa da Córsega). Finalmente, Italia limita ao oeste coa Francia.
O terreo italiano é bastante accidentado, cos Apeninos formando o esqueleto central da península. O punto máis alto de Italia é o Mont Blanc, cos seus 4,810 metros, mais dous volcáns están máis asociados co país: o Monte Etna, en Sicilia, e o Monte Vesuvio, preto de Nápoles.
GRECIA:
Grecia consiste nun territorio continental na extremidade sur dos Balcáns, na península do Peloponeso, separada do continente pola canle de Corinto, e de numerosas illas, incluíndo Creta, Rodas, Eubea e os arquipélagos do Dodecaneso e das Cíclades no Mar Exeo, e das Illas Xónicas no Mar Xónico.
É un país do sueste meridional europeo, situado ao sur da Península Balcánica. Fai fronteira con Albania, Macedonia do Norte e Bulgaria polo norte e con Turquía polo leste. O Mar Exeo atópase no leste e sur da Grecia continental, mentres o Mar Xónico se atopa no leste, a través do cal ten ligazóns con Italia, e con Albania. Tanto no seu leste coma no seu oeste, Grecia posúe unha gran cantidade de illas, sendo a maior a Illa de Creta.
EXIPTO:
É un estado situado no nordeste de África e na península do Sinaí no continente de Asia. Limita ó norte co Mar Mediterráneo e Israel, ó leste co Mar Vermello (incluído o seu saínte norte do Golfo de Acaba), ó sur con Sudán e ó oeste con Libia. A súa xeografía é desértica na case totalidade, que corresponde co deserto do Sahara, onde só está habitado en oasis. A súa capital é a cidade do Cairo (القاهرة), unha das máis populosas de África.
É un dos países con máis poboación de África, estando a súa maior parte distribuída nas ribeiras do Nilo e do seu delta, onde se achan as zonas fértiles. Case a metade dos exipcios viven en áreas urbanas, sobre todo nos centros densamente poboados do Cairo e Alexandría.
2 Que é a Idade Antiga?
3 Como vivían na antiga Roma / Grecia / Exipto ?
4 Como era a vida nas cidades ?
(As solucións nos vídeos)
ANTIGO EXIPTO
ANTIGA GRECIA
IMPERIO ROMANO
GRECIA II
EXIPTO II
ROMA II
NON DEIXES TODO PARA OS DÍAS ANTES DOS EXAMES,
VAI ESTUDANDO E LEVANDO AO DÍA TODAS AS MATERIAS💪💪💪
(Aquí xa van as 4 primeiras preguntas a desenvolver)
La ciudad romana. Hace un año la fundación A Caixa trajo a Coruña una exposición didáctica titulada Romanorum Vita. En ella se podía ver la vida en una ciudad romana a través de una teatralización en un espacio que recreaba una calle de una ciudad romana y el interior de una casa. Por desgracia ya no está esa exposición, pero sí hay una serie de documentos didácticos a los que se puede recurrir y creo que son muy interesantes para entender mejor lo que están estudiando. Dejo aquí dos enlaces, el primero
ResponderEliminarhttps://www.youtube.com/watch?v=NtRRQJSBWdA
Es la presentación de la exposición que hace un pequeño resumen de cómo eran las ciudades del imperio.
El segundo
https://www.educaixa.com/microsites/Romanorum_vita/La%20ciudad%20romana/pagina_01_lavida.html
Es el enlace al recurso educativo desarrollado para la exposición que a su vez enlaza con otros blogs como http://italicaromana.blogspot.com donde puedes ampliar conocimientos de este tema. Espero que os resulte de interés.