En LG estamos lendo na clase "Os nenos da varíola" de María Solar.
É unha historia fascinante e cercana, nosa.
Os protagonistas de tan filantrópica (hoxe falamos do significado desta palabra) fazaña eran a maioría nenos da nosa cidade, foron heroes, salvaron moitas vidas.
Seguro que si esta historia sucedera en Hollywood, xa habería unha superproducción cinematrográfica, xa que foron os únicos nenos do mundo mundial que portaron as vacinas ao que chamaban o Novo Mundo.
Aprendemos
Entre os anos 1803 e 1814 a Expedición Filantrópica da Varíola distribuíu a primeira vacina da historia polo mundo enteiro.
Partiu da Coruña e formaron parte da mesma o seu impulsor,
o alacantino Francisco Javier Balmis, a coruñesa Isabel Zendal Gómez e 22 nenos que cambiaron o mundo.
Seis anos despois de que o médico inglés Edward Jenner descubrise que os campesiños que ordeñaban vacas infectadas de varíola quedaban inmunizados contra o seu contaxio, Carlos IV dispuxo a organización dunha expedición para levar a vacina ás provincias españolas de América e Filipinas, pois unha violenta praga de varíola diezmaba as poboacións indíxenas quedando a Coroa sen contribuíntes.
A Expedición dirixida por Balmis divulgou e confirmou que a inmunización perfecta contra as epidemias consistía en contaminar preventivamente a persoas sas con pequenas doses da propia praga.
Dada a necesidade de manter activo o virus para o seu transporte, o método elixido foi unha cadea de persoas que levasen no seu corpo a epidemia.
Así, de brazo en brazo, e renovando cada dez días os transvasamentos cando os grans alcanzaban o seu punto álxido, desenvolveuse unha das máis importantes achegas de Galicia ao legado da historia da Humanidade.
Na momia de Ramsés V, faraón da XX dinastía (1160 a.C.) atopáronse pústulas que lle cubrían a cara e o tronco identificadas como cacarañas.
Edward Jenner (1749-1823), o descubridor da vacina da varíola (J. Robins & Company).
Un médico observa o crecemento da vacina da varíola na man dunha leiteira,
e un posible granxeiro dálle unha lanceta a outro médico (1800), (Depeuille, París).
Blossom, a vaca con varíola da que se contaxiou Sarah Nelmes.
Tradución de Balmis do tratado histórico
e práctico da vacina de J.L. Moreau da Sarthe. Madrid, 1803
Debuxo de Jenner vacinando un neno (Stephen Jenner).
Edward Jenner Museum, Berkeley, Gloucestershire.
Francisco Xavier Balmis, 1753-1819
O porto de La Coruña no s.XVIII.
Saída da "Expedición de Francisco Balmis a la América, 1801" (Francisco Pérez).
A corbeta "María Pita"
As diversas rutas
Cidadáns de Nova York facendo cola
para ser vacinados contra a varíola no 1947.
Acta oficial do certificado da erradicación total da varíola no mundo
(9 de decembro de 1979).
Fachada do desaparecido Hospital da Caridade da Coruña
onde foron recollidos 18 dos 22 nenos que participaron na Expedición.
Sabías que o hospicio estaba onde está o IES Zalaeta?
Por que crees ti que a rúa leva o nome Hospital...
Fonte das imaxes: Biblioteca Universitaria de Oza
TIVEMOS VISITA
Hoxe tivemos a visita de Pilar e Fernando.
Forman parte dun equipo de investigación sobre a REFV.
A asociación Isabel Zendal nace (A Coruña, outubro de 2016) para investigar, difundir e promover, nos ámbitos local, nacional e internacional, o protagonismo de Galicia na REFV.
Esta é a súa web → Isabel Zendal
Foron moitas cousas que nos contaron sobre a expedición,
tamén fixemos moitas preguntas.
Estivemos moi atentas e concentrados na historia.
Fernando e Pilar foron moi amables con nós.
Agradecemos moito a súa visita,
e contade con nós para seguir investigando e aprendendo.
Moitas grazas por vir👏👏👏
( Son unha interxeción)↰AH! UNHA ADIVIÑA😎
Rita, paseando pola nosa cidade atopou...
Fotografiou e compartiu con nós.
Sabes onde se atopan?
Investiga.💪
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polos teus comentarios e aportacións.