Todos sabemos que para poder vivir hai que respirar.
E que respirar consiste en inspirar o aire que hai na natureza e expulsar o dióxido de carbono.
Pois ben o aparello respiratorio é o encargado desta importantísima tarefa e para iso utiliza os pulmóns e as vías respiratorias que son as partes que compoñen o aparello respiratorio.As vías respiratorias son uns tubos polos que pasa o aire ata que chega aos pulmóns.
Empezan na boca e nas fosas nasais que son como portas ou xanelas por onde entra o aire ao noso corpo cando inspiramos. A continuación ese aire pasa pola farinxe e chega á larinxe.
Sabedes que na larinxe atópanse as cordas vocais que nos permiten falar ou cantar?
Son como as cordas dunha guitarra que ao vibrar producen a voz.
Unha vez que o aire pasou pola larinxe chega á tráquea; a tráquea divídese en dous tubos polo que pasa o aire que son os bronquios; os bronquios, xa dentro dos pulmóns, se ramifican en tubos máis estreitos que se chaman alveolos e é aí, nestes pequenos órganos, onde se produce o intercambio gaseoso: o osíxeno pasa ao sangue e o que sobra do aire que é o dióxido de carbono fai o camiño de volta a través do sistema respiratorio para ser expulsado ao exterior.
Como vedes o aparello respiratorio é importantísimo, por iso temos que coidalo moito. Temos que practicar moito deporte e coidar a natureza para poder respirar aire puro.
Uns pulmóns sans son de cor rosa pero cando respiramos o fume do tabaco ou o aire está moi contaminado vanse poñendo marróns e deixan de funcionar ben. Cando isto ocorre cansámonos moitísimo sen facer nada e empezamos a toser sen estar enfermos. Desde logo non é moi intelixente danar aos nosos pulmóns non vos parece? Así que lembrade? nunca, nunca, nunca, NUNCA tedes que fumar para que as vosas vías respiratorias e os vosos pulmóns estean sempre sans.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polos teus comentarios e aportacións.